GRIMPOW Y LA BRUJA DE LA ESTIRPE


Título: Grimpow y la bruja de la esirpe.
Autor: Rafael Ábalos.
ED.- Montena
Páxina web
Unha das novelas fantásticas que máis éxito tivo na nosa biblioteca foi a de Grimpow: El camino invisble de Rafael Ábalos.... ¿Recordades?: No inverno do ano 1313, un xove chamado Grimpow, atopa o cadáver dun home nas nevadas montañas de úLLpens e descubrirá que o cabaleiro morto era portador dunha enigmática mensaxe e dunha estraña pedra que cambiarán a súa vida e o seu destino.
Pois agora acaba de aparecer unha segunda parte: Grimpow y la brúja de la estirpe. "O destino de Grimpow cumpriuse e ten nas súas mans a pedra Filosofal, o obxecto máis poderoso do mundo. Esta pedra otorga a inmortalidade e é capaz de converter calquera metal en ouro. Grimpow viaxa a París para descubrir máis claves sobre ese segredo milenario. Pero o rei de Francia desexa apoderarse da pedra. Só hai unha persoa en todo París que pode conseguila: Agnes que está acusada de bruxería e pechada nas mazmorras da Torre do Temple. Aínda que ela non o sabe... pode pactar co mesmo diaño...

DIME QUIÉN SOY

TÍTULO: Dime quién soy
AUTORA:
Julia Navarro

Si queres empezar a ler, aquí tes as 32 primeiras páxinas, seguro que sigues: ENLACE

Esta é unha novela onde Julia Navarro fai un repaso por algúns conflictos do século XX máis sanguentos e violentos: A Guerra Civil española, A segunda guerra mundial, A Rusia de Stalin, a Guerra fría... dunha forma amena e partindo de personaxes anónimos que falan dende as súas ideas.

A historia comeza cando un periodista recibe a proposta de investigar a vida da súa bisavoa da que non saben nada máis que abandonou ó seu marido e ó seu fillo antes de comezar a guerra. Cada paso que vai dando na investigación descobre unha muller comprometida e forte, fiel ás súas ideas e disposta a loitar ata o final polos seus principios. De paso vai facendo un repaso pola historia do século XX. Unha historia amena, que engancha dende o principio. Totalmente recomendable.

A mesma autora di da súa novela:

"Si tuviera que definir Dime quién soy, diría que se trata de una novela de personajes que, sin renunciar a la aventura ni a la historia, retrata la memoria del siglo XX y la identidad de esas personas anónimas que lo protagonizaron"

COMO UNA NOVELA

Título: Como una novela
Autor: Daniel Penac
Xa sei que moitos coñecedes este texto tan estupendo de Daniel Pennac, pero me parece que é axeitado para introducirnos nesta próxima data que será o día do libro o próximo 23 de abril. Recordeino está mañá cando estiven vendo coa nosa compañeira Sabela unha presentación (que vos poñeremos nuns días) que están a facer un grupo de alumnas/os do IES de Arzúa, en ralación coa lectura.

Eu non me sinto capacitada para facer crítica desta obra, pero acabo de lela despois de escoitar falar dela repetidamente en cada un dos encontros de bibliotecas aos que asisto cada ano.

Só sei que agora teño ganas de continuar lendo e relendo “Guerra e paz” de Tolstoi, “Os Demos” de Dostoievski, “A especie humana” de Robert Antelme, “Os miserables” de Víctor Hugo, “Madame Bovary” de Flauvert, “Doctor Zhivago” de Boris Pasternak, “Os contos petersburgueses” de Gógol, “Oliver Twist” de Dickens .... e tantos outros, a Kafka, a Balzac, a García Márquez, a Fante, a Saki, a Cervantes, ... e iso a pesares de que “non hai nunca tempo para ler, porque o tempo de ler é sempre tempo roubado”.

E así, exercendo o meu “dereito a calarme” deixo que o mesmo Pennac fale: “porque os libros non foron escritos para ser comentados, senon para que, se o corazón así o di, sexan lidos”.

EL LECTOR

Título: El Lector
Autor: Bernhard Schlink
No clube de lectura tocounos ler o libro "El lector" de Bernhard Schlink.
Un libro de lectura bastante fácil que fala das relacións humanas entre dúas persoas de diferentes edades e da súa evolución. Un mozo de 15 anos que por casualidade establece unha relación moi íntima cunha señora que lle pode duplicar a idade. A relación complicase debido a a guerra. Ela que é unha analfabeta decide ir traballar os campos de concentración femininos. Despois de acabar a guerra é xuzgada e condenada a cadea perpetua por todas as fechorias que ocorren nos campos, e por unhos informes escritos sobre un traslado de prisioneiros. Neste traslado os prisioneiros estiveron albergados nunha igrexa e nese momento caeu unha bomba e morreron case todos, polo que foi acusada de asesinato.
No cárcere aprende a ler de forma autodidacta. Despois de 20 anos concedenlle o indulto, pero tenlle medo o exterior e antes de sair para fora esgánase.

EL NIÑO 44

Título: El niño 44
Autor:Ton R. Smith

Rusia. Mediados do século XX. Os aparatos de seguridade do estado e a policía secreta aplican métodos de detención e xuízo dos acusados que ignoran por completo as mínimas garantías de dereitos de calquera persoa. Un sistema xudicial e xurídico que defende a existencia do terror como necesario para defender a revolución e un abstracto “ben supremo”.

Baixo un elástico conxunto de palabras que poden moldearse ao chou para abarcar a calquera constrúense acusacións. Dende a tortura brutal ou refinada, depende do que interese, consíguense confesións de todo tipo, emulando aos inquisidores españois... (e parece que despois aínda será copiada na prisión que esperemos que peche pronto o presi americano...)

Na Rusia de Stalin “non pode haber crime organizado”. Os asasinatos e roubos só podían porvenir de mentes enfermas ou de “traidores ao sistema”.

No medio de todo isto, ás veces, xurde alguén que busca a verdade e a xustiza e trata de resolver un misterio terrible que todos tratan de silenciar porque non convén ao sistema.

Ten un final un pouco forzado, pero non deixa de ter ritmo e nos leva á unha certa reflexión acerca da vida e da digninade. Paréceme recomendable.

"O neno 44" de Ton Rob Smith está en Biblioarzúa.

No blog de Ciberanika podedes ver outra entrada sobre este libro.

UNA VEZ

Título: Una vez
Autor:Morris Gleitzman
Este é a historia de Félix, un rapaz que en 1942 escapa dun orfanato onde foi deixado polos seus país xudeus nun vano intento de protexelo dos nazis.

Vive alí durante case catro anos e un día decide escapar na procura dos seus país e nesa camiño descubrirá persoas coas que vivirá unha serie de experiencias polas que un neno non debería pasar nunca.
Mentres tanto confía no mundo e axuda no que pode porque pensa “que todo o mundo merece que lle ocorra algo bo na súa vida. A lo menos unha vez”

Bonito e triste á vez...

UNA VEZ de Morris Gleitzman está en Biblioarzúa

LA EMPERATRIZ DE LOS ETÉREOS

Título: La emperatriz de los etéreos
Autora: Laura Gallego

Un mundo imaxinario, nun futuro incerto onde as persoas habitan en covas resgardados dun exterior xeado, frío e sen sol.


Un rapaz que soña con outro mundo habitado por seres etéreos que viven baixo unha estrela fermosísima que atrae con forza e magnetismo.

Unha rapaza, que é a protagonista desta historia, que é tranquila e sen aspiracións na vida máis que v¡vir o máis tranquilamente que poida, finalmente vai na procura deste "amigo" antes de que sexa demasiado tarde.

Unha aventura ao longo da cal descubrirá moitas cousas dela mesma e dunha realidade que existe aínda que non se queira recoñecer.

Amizade, aventura, amor, solidariedade... Unha historia que engancha en canto les unhas poucas páxinas.

O sitio web oficial é precioso, merece a pena dar unha volta e disfrutalo. Tamén acabo de ver que en BlogFesquío teñen unha entrada estes días cunha ligazón á páxina oficial da autora Laura Gallego.

La emperatriz de los etéreos está en Biblioarzúa.

ESCALOFRIANTES HISTORIAS DE NIÑOS PRODIGIO

Título: Escalofriantes historias de niños prodigio
Autora:Linda Quilt
É un libro con sete contos para lectores a partires de 12 anos.

Atopamos relatos de nenos “prodixio(sos)” na medida que son grandemente singulares ou teñen alguna habilidade moi pouco común.

Son divertidas, áxiles e a autora introduce pequenos entretenimientos como que todas as personaxes de algún dos contos teñen o nome comenzando pola mesma letra.

Relatos imaxinativos, fantásticos, todos recuperando ese contido de aprendizaxe dos contos tradicionais para nenos.

Relatos onde comprobamos o difícil que é ser diferente moitas das veces, pero que iso non é malo, senón todo o contrario (aínda que os demáis non nos entendan e non nos dei máis que problemas, provocados en numerosas ocasión polos demáis...).

E cuns debuxos bastantes lindos (para o meu parecer).

Escalofriantes historias de niños prodigio de Linda Quilt está en Biblioarzúa

LA SOLEDAD DE LOS NÚMEROS PRIMOS

Título: La soledad de los números primos
Autor:Paolo Giordano,
Veño de rematar de ler LA SOLEDAD DE LOS NÚMEROS PRIMOS, que me regalou meu irmán coincidindo neste cao coas como sempre acertadas recomendacións do noso apreciado e querido blog de Trafegando Ronseis.

É un libro moi especial, sobre dúas almas xemelgas destinada a estar sempre cerca unha doutra desexando desesperadamente tocarse e… non son capaces.

Como os números primos xemelgos (5 e 7, 11 e 13… separados por unha cifra para no medio dos dous), os protagonistas do relato están sempre en parella, pero sempre distantes; sempre xuntos pero no fondo tan lonxe un doutro…

Creo que é un libro ben estruturado, cheo de sensibilidade e dotado dun halo de tristeza da que non puiden desprenderme ata nin no final (por certo, creo que está no punto exacto e non decae como adoita pasar…)

Podedes ler uns comentarios doutra xente aquí e unha entrevista co autor Paolo Giordano

DONDE VUELAN LAS COMETAS

Título: Donde vuelan las cometas
Autor:Miguel Rayó

Descubrir toda a amargura do mundo nas lágrimas da esposa que non sabe que pasou co seu home ou nas do pai que ignora se o seu fillo esta vivo ou morto... é unha desolación infinita.

A traizón aterra. Todos poden ser víctimas da persecución do dictador e os seus secuaces. As persoas son secuestradas e desaparecen en oscuras celdas das cárceres máis secretas, quizais terriblemente torturados e sentenciados por verdugos implacables e son acusados de disidencia ou de delitos políticos inventados por calquera veciño delator...

As función de teatro, os contacontos na praza do pobo, a edición de libros... todo prohibido por orde do tirano. Mesmo foi prohibida a alegría, xunto coa música, a festa e o bo inocente das cometas... as cometas coas que as familias recordaban aos seus mortos sen tristeza, sen morriña, a cometa que é o espírito dos parentes que xa deixaron esta vida, e así os recordamos libres e vagando sen présas polo ceo, entre nubes e outras moitas almas, protexéndonos de males e desgracia... pero o dictador tamén prohibiu que os nenos fagan voar as súa cometas, temendo, quizais, que a través da forza do aire que axita as cometas todos saiban que os homes e as mulleres naceron para seren libres.

Donde vuelan las cometas de Miguel Rayó está en Biblioarzúa

EL MUNDO DE HARRIET

Título: El mundo de Harriet
Autora: Diana Janney.

Propóñovos hoxe un libro diferente, un pouco estraño.

É fácil de ler, pero deixa un trasfondo para pensar de cando en vez como di Harriet:

"Non sei se quereredes lelo todos vos, porque hai miles de libros entre os cales escoller e quizáis aquí (en vez de falarvos dos que lin eu) debería facerme eco só dos que sobresaen e asi recomendarvos un libro que vos guste e do que falaredes aos vosos amigos, porque é importante escoller libros que nos fagan rir, ou derramar unha lágrima, ou concebir algunha idea, porque a través dos libros recordamos experiencias vividas, xente que amamos, ou odiamos, os nosos éxitos, fracasos, obxectivos e medos. Todo a través dun libro ben escrito".

A nena protagonista non parece ter tan so 14 anos e dende logo nos os tería na nosa sociedade española. Agora que unha parte da nosa xuventude soña con escribir e publicar un libro, quizáis sexa o momento de ler este. Orixinal e imaxinativo.


FUME

Título: Fume
Autor: Antón Fortes
Ilustracións:Joanna Concejo
Editorial: OQO

Un libro impactante que di sen dicir, non é explícito pero é tan real, un texto breve que unido a unhas ilustracións fantásticas conforman un libro que con aspecto infantil nos leva ata o máis profundo do ser humano e conmove as nosas entrañas dun xeito total.

EL VAGÓN DE LAS MUJERES

Titulo: El vagón de las mujeres
Autora: Anita Nair
Editorial: Alfaguara

En Biblioarzúa.

Coincidindo co Blog Trafegando Ronseis propóñovos outro libro para este mes de mulleres, sobre mulleres e para mulleres... e homes.

Ata 1998 en Banglalore (India) existía unha taquilla especial para minusválidos, anciáns e mulleres e na maior parte dos trens nocturnos había tamén un vagón especial para mulleres...

Nun deses compartimentos coinciden 6 mulleres entre a que se creará un ambiente de camaradería e intimidade especial. Así, cada unha delas confesará ás outras a súa propia historia.
E esas mulleres comúns, como poidamos selo calquera, permiten que unhas estrañas entren na intimidade das súas duras, sorprendentes e ás veces terribles experiencias que son as súas vidas.

EL JUDÍO DE SHANGHAI

Título: El judío de Shanghai
Autor: Emilio Caderón

En China, nunha nación desmembrada, onde a vida de millóns de pobres vale menos que un anaco de terra improductiva; un país invadido violentamente polos xaponeses e pacificamente polos occidentais; unha terra onde a muller converteuse en escrava dos desexos dos homes máis miserables e crueis que a humanidade coñeceu; un estado sen cabeza e sen timonel e en consecuencia en plena zozobra...

Neste mundo os xaponeses establecen en Shangai o único gueto xudeu do munod que non está en mans dos nazis son recluídos un matrimonio de xudeus e todo parece precipitarse ao caos. Pero o cónsul de España enfrentarase á policía secreta xaponesa nun desesperado intento para salvalos, e unha antiga escrava sexual do exército xaponés converterase en crave desta soprendente novela de Emilio Calderón.

ANTIMANUAL DE FILOSOFÍA

TÍTULO: Antimanual de filosofía
AUTOR:Michael Onfray.
EDITORIAL: Edaf
Recoméndovos que leades este libro, en teoría para adolescentes, pero que a min (máis adulta do que quixera) me fixo reflexionar e me fixo ler textos de filósofos e pensadores moitos dos cales nin coñecía que, me levaron a un mundo onde a filosofía está en absolutamente todo. Deixovos algunhas perlas fantásticas:

"Cuanto menos saber, conocimiento, cultura o memoria hay en un individuo, más lugar ocupa el animal, más domina y menos conoce la libertad el hombre"

"La construcción de un juicio supone tiempo, empeño y paciencia"... (....) ¿Quién puede creer dominar un instrumento musical sin haber sacrificado horas y horas de prácticas con el fin de cubrir la distancia que separa el balbuceo de la maestría?

"La construcción del juicio supone orden y método, además de un maestro"

"La mala conciencia asociada a un sentimiento agudo de culpabilidad produce en sus víctimas efectos devastadores. (...)la fuerte tendencia adolescente al suicidio procede de esta lógica: una presión social importante (momentánea pero vivida como interminable), la imposibilidad de hacerse un lugar en un mundo violento, brutal, el peso de las expectativas sociales, familiares, parentales, escolares, todo eso mina el temperamento y el carácter. (...) Uno se desprecia, ataca su cuerpo sobrecargándolo de comida o privándolo de alimento, oscila entre bulimia neurótica y anorexia mental. Obesidad y delgadez excesiva expresan la incapacidad de un ser para encontrar su justo peso, su justo lugar en el mundo. La conciencia yerra entre los imperativos que llueven de todas partes, la culpabilidad trabaja el alma y las ideas negras invaden lo cotidiano".

"El lenguaje y la razón mantienen una relación íntima pra producir significación. Por un lado el lenguaje crea sentido, por el otro, el sentido genera lenguaje"

Por suposto este e outros libros de filosofía están na nosa biblioteca

CORDELÚA

Título: Cordelúa
Autora: Elia Barceló

Aproximámonos á celebración do Día Internacional da Muller,
e por iso vou propoñervos unha serie de libros de autoras ou que traten temas da muller ata esa data.

Hoxe preséntovos un libro que será coñecido para moitos, no noso IES está como lectura recomendada, e dentro da literatura xuvenil eu, cando o lin, gustoume.

Lenda medieval mesturada cunha historia actual na que os protagonistas deben asumir o pasado xa sucedido para os verdadeiros artífices do libro (aqueles que viviron na Idade Media) dunha maneira orixinal e chea de fantasía.

Unha espada vai enlazar dous mundos tan diferentes e á vez paralelos para poder pechar vellas feridas e para tentar ao amor.

Con CORDELÚA , Elia Barceló gañou o premio Edebé de Novela Xuvenil.

ÁS DE BOLBORETA

Título: Ás de bolboreta
Autora: Rosa Aneiros
Editoral: Xerais
É Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, pero a mín paréceme moito máis que literatura so para lectores novos.

Unha cafetería onde conflúen xente de todas as idades e mesmo nacionalidades, cada un coa súa historia detrás para descubrir ás persoas que están agachadas nos clientes do bar da man da camareira do local.

Porque cada un de nós somos diferentes dos demais...

Porque nós mesmos non somos iguais sempre...

Porque imos cambiando segundo as situacións que nos toca vivir...

Porque evolucionamos e razoamos e sentimos diferente...

E no bar este mosaico de historias entrecruzan os seus deseños e xuntos parecen ás Ás dunha linda bolboreta.

LA SOCIEDAD LITERARIA Y EL PASTEL DE PATATA DE GUERSNEY

Nunha Europa que ven de rematar a Segunda Guerra Mundial, unha escritora busca unha inspiración para o seu próximo libro.

A partires dunha carta que lle envía un descoñecido que vive na illa de Guersney, situada no Canal da Mancha cerca da costa francesa, iniciará unha correspondencia cunha serie de habitantes da mesma e despois co seu amigo e editor e outras persoas cercanas a medida que vaia descubrindo outro sentido da vida, da amizade, mesmo do amor, do gusto pola lectura, a vida cotiá e o impacto que a ocupación alemana deixou nas vidas das persoas que a partires de agora serán os seus verdadeiros compañeiros da viaxe que é a súa nova vida.

É un libro peculiar estruturado nesta serie de cartas que van dando forma a historia. É fácil de ler se consegues que te enganche despois duns primeiros momentos desconcertantes.

LOS ADIOSES

Título: Los adioses
Autor: Juan Carlos Onetti
Editorial: Punto de Lectura

Grazas ao noso compañeiro Berri, que donou este libro á Biblioarzúa, puiden ler esta magnífica novela curta de Juan Carlos Onetti, para poder recomendárvola.

Empeñado en inducir ao lector a que dilucide que papel cumple cada un dos personaxes que forma parte do triángulo central da novela, Onetti nos ofrece este libriño, que parece era unha das súas obras favoritas... Non é estraño porque a partires dunha historia máis ou menos sinxela consegue despertar a curiosidade e converternos en xogadores activos, especulando, deducindo e as veces fisgoneando e memo recreándonos na vida e morte deste personaxe ao fin e ao cabo alleo.

ELLIOT TOMCLIDE

Título: Elliot
Autor:Joaquín Londaiz

¿Recordades este título que tanto éxito tivo na nosa biblio e que tantos de vos levastedes prestado?... Pois regresou, acaba de saír unha segunda parte que xa comprei para vos e que estará na biblio na seción de literatura española, en setembro ¡Claro!

Esta nova entrega chámase ELLIOT Y EL LIMBO DE LOS PERDIDOS. Recordade que o autor da saga é Joaquín Londáiz Montiel e a editorial é Montena.

Elliot no se lo puede creer: hace un momento estaba con sus padres en un crucero por las islas del Caribe. Es verdad, se aburría un poco, por eso ha utilizado un espejo para volver a su casa y coger un libro. Y ¿con qué se ha encontrado cuando ha vuelto?. Con un barco fantasma, porque todos, tripulantes y pasajeros, se han esfumado. ¿Dónde se han metido?. A Elliot no le queda otro remedio que pedir ayuda al mundo mágico. Pero los días pasan y nadie parece darle respuesta... Por eso decidirá investigar por su cuenta y descubrirá que existe un misterioso lugar donde más de un barco ha desaparecido.
Elliot tiene claro cuál será su próximo destino, aunque tendrá que ir con mucho cuidado para que nadie se entere y seguir, como si nada, sus clases del elemento Agua en la misteriosa ciudade de Bubbleville...
¡Que o disfrutes!...

EL GUARDIAN ENTRE EL CENTENO

Título: El guardian entre el centeno
Autor:Jerome D. Salinger
Libro presente en la biblioteca del centro .Totalmente recomendable para todos aquellos que estén hartos de la hipocresía del mundo que los rodea, se sentirán muy identificados con esta historia. Cuenta varios días fundamentales en la vida de un adolescente norteamericano problemático, pero que sabe hacerse simpático a todos, incluyendo al lector.
EN NUESTRA BIBLIOTECA
El guardian entre el centeno, Jerome David Salinger. Ed. Alianza