Virginia Wolf, D. H. Lawrence e Katherine Mansfield son os autores destes relatos curtos traducidos ao galego por Begoña Rodríguez Otero. Foron tres escritores moi relevantes do Modernismo británico. E velaí os tres: complexos, innovadores, creadores de novas formas de expresión nun mundo de entreguerras, marcado pola crise e o cambio de ideais; o novo papel da muller na sociedade británica en que a loita de clases e a deconstrucións do Imperio chaman xa ás portas cunha nova orde.Outros libros de D. H. Lawrence son Fillos e amantes, O Home que amaba as illas, e o máis famoso sen dúbida é O amante de Lady Chaterley. Outros libros de Katherine Mansfield, Katherine son Diario e Nun balneario alemán. Outros libros de Virginia Woolf son Ao faro, O Lector, Orlando, Unha historia real, e a obra que supuxo unha revelación, unha gran renovación na narrativa do século XX: As ondas .
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario