O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN. UN FARO NA ESCURIDADE.

...xa non é nada secreto, porque moitos de nós aprendemos o camiño. O primeiro libro titúlase O ladrón de soños. "Aquí comeza a saga do profesor BasiliusHoffman: historiador, arqueólogo, cabaleiro a tempo parcial e truán a xornada completa. E a súa viaxe na procura do lendario Diario do Cartógrafo, na que descubriremos cidades perdidas no profundo da noite, sociedades secretas, misteriosas criaturas, poderosas reliquias sagradas, imposibles aparellos mecánicos, e unha infinidade de curiosos personaxes." Fernando M. Cimadevila é o autor do texto, e Iván Valladares dos debuxos -moi fermosos. Hai moitas horas de traballo detrás de este libro "para todos os públicos", unha encomiable labor de documentación, de rigor histórico e artístico. Pero -o que é aínda máis loable- unha grande dose de profesionalidade, de esforzo ilusionado. Nos tempos tan comercialistas, mercenarios incluso, que vivimos, un ingrediente que sorprende primeiro, e despóis engaiola é a ilusión. A que puxeron estes dous mozos no seu traballo.

EL LIBRO AZUL

El libro azul, de Lluis Prats es un libro escrito en dos tintas. Leo Valiente es un niño que no atiende en clase. Un día le ponen un trabajo sobre Alejandro Magno y sus amigos Rita y Abram deciden ayudarle. Rita les lleva a la biblioteca y se hacen el carnet. Mientras Rita busca información, Abram y Leo se enzarzan en una interesante batalla de bolitas de papel, hasta que una de ellas alcanza a Oxford, la simpática bibliotecaria de la zona infantil.Abram consigue escaparse, pero Leo, como no se da cuenta, le pillan. Oxford le castiga a estar después de cerrar para ordenar unos nuevos libros. Después de cerrar, Leo y Rita se quedan y mientras ordenan los libros, Leo encuentra un tomo viejo y lleno de polvo. Cuando lo limpia, descubre un título en letras doradas que reza: "El libro azul". Lo intentan sellar, pero no lo consiguen. Aunque pàrezca mentira Leo nunca ha leído un libro y este le parce interesante. Se lo lleva a su casa y empieza a leer. Es una novela de aventuras e historia, pero... pasa algo muy raro con ese libro: igual que en la Historia Interminable, el lector puede intervenir en la historia, incluso meterse dentro de ella...Se lee muy rápido y es muy entretenido.

DE ESPELLOS, TRENS E OUTROS VELENOS.


Virginia Wolf, D. H. Lawrence e Katherine Mansfield son os autores destes relatos curtos  traducidos ao galego por Begoña Rodríguez Otero. FOutros libros de D. H. Lawrence son Fillos e amantes, O Home que amaba as illas, e o máis famoso sen dúbida é O amante de Lady Chaterley. Outros libros de Katherine Mansfield, Katherine son Diario e Nun balneario alemán. Outros libros de Virginia Woolf son  Ao faro, O Lector, Orlando, Unha historia real, e a obra que supuxo unha revelación, unha gran renovación na narrativa do século XX: As ondas .



NOVELA DE XADREZ

Unha partida de xadrez que reúne varios pasaxeiros dun barco que navega rumbo a Bos Aires. Ese é o escenario que serve de punto de partida para a historia de dous homes antagónicos. Por unha banda Czentovic, o campión mundial de xadrez, e por outra, o Dr. B., un enigmático home que a Gestapo fai prisioneiro cando Hitler inv ade Austria. Trátase de dous seres que o azar fai compartir o seu achegamento a este xogo “único entre os xogos”, aínda que a historia das súas vidas sexa completamente oposta. Dúas existencias opostas, dous mundos distintos como o é o universo oposto dos cadros blancos e negros dun taboleiro de xadrez pero, igual ca no taboleiro, ineludiblemente unidos e enfrontados a un tempo.

SOFÍA DE LOS PRESAGIOS.

Esta novela supone un cambio excepcional frente a la narrativa tradicional nicaragüense. Gioconda Belli, consagrada tras el éxito de La mujer habitada, plantea de nuevo su intimidad e inquietud feminista desde un prisma nuevo, atrayente y mágico. Es el mundo de la nigromancia, de los sortilegios, que envuelven el origen y el destino de una mujer diferente; refugio íntimo donde se le permite ser mujer, libre y gitana. Con magia y erotismo, inseparables en la obra, Gioconda nos descubre una nueva faceta de su cautivante personalidad.

GRIMPOW Y LA BRUJA DE LA ESTIRPE


Título: Grimpow y la bruja de la esirpe.
Autor: Rafael Ábalos.
ED.- Montena
Páxina web
Unha das novelas fantásticas que máis éxito tivo na nosa biblioteca foi a de Grimpow: El camino invisble de Rafael Ábalos.... ¿Recordades?: No inverno do ano 1313, un xove chamado Grimpow, atopa o cadáver dun home nas nevadas montañas de úLLpens e descubrirá que o cabaleiro morto era portador dunha enigmática mensaxe e dunha estraña pedra que cambiarán a súa vida e o seu destino.
Pois agora acaba de aparecer unha segunda parte: Grimpow y la brúja de la estirpe. "O destino de Grimpow cumpriuse e ten nas súas mans a pedra Filosofal, o obxecto máis poderoso do mundo. Esta pedra otorga a inmortalidade e é capaz de converter calquera metal en ouro. Grimpow viaxa a París para descubrir máis claves sobre ese segredo milenario. Pero o rei de Francia desexa apoderarse da pedra. Só hai unha persoa en todo París que pode conseguila: Agnes que está acusada de bruxería e pechada nas mazmorras da Torre do Temple. Aínda que ela non o sabe... pode pactar co mesmo diaño...

DIME QUIÉN SOY

TÍTULO: Dime quién soy
AUTORA:
Julia Navarro

Si queres empezar a ler, aquí tes as 32 primeiras páxinas, seguro que sigues: ENLACE

Esta é unha novela onde Julia Navarro fai un repaso por algúns conflictos do século XX máis sanguentos e violentos: A Guerra Civil española, A segunda guerra mundial, A Rusia de Stalin, a Guerra fría... dunha forma amena e partindo de personaxes anónimos que falan dende as súas ideas.

A historia comeza cando un periodista recibe a proposta de investigar a vida da súa bisavoa da que non saben nada máis que abandonou ó seu marido e ó seu fillo antes de comezar a guerra. Cada paso que vai dando na investigación descobre unha muller comprometida e forte, fiel ás súas ideas e disposta a loitar ata o final polos seus principios. De paso vai facendo un repaso pola historia do século XX. Unha historia amena, que engancha dende o principio. Totalmente recomendable.

A mesma autora di da súa novela:

"Si tuviera que definir Dime quién soy, diría que se trata de una novela de personajes que, sin renunciar a la aventura ni a la historia, retrata la memoria del siglo XX y la identidad de esas personas anónimas que lo protagonizaron"

COMO UNA NOVELA

Título: Como una novela
Autor: Daniel Penac
Xa sei que moitos coñecedes este texto tan estupendo de Daniel Pennac, pero me parece que é axeitado para introducirnos nesta próxima data que será o día do libro o próximo 23 de abril. Recordeino está mañá cando estiven vendo coa nosa compañeira Sabela unha presentación (que vos poñeremos nuns días) que están a facer un grupo de alumnas/os do IES de Arzúa, en ralación coa lectura.

Eu non me sinto capacitada para facer crítica desta obra, pero acabo de lela despois de escoitar falar dela repetidamente en cada un dos encontros de bibliotecas aos que asisto cada ano.

Só sei que agora teño ganas de continuar lendo e relendo “Guerra e paz” de Tolstoi, “Os Demos” de Dostoievski, “A especie humana” de Robert Antelme, “Os miserables” de Víctor Hugo, “Madame Bovary” de Flauvert, “Doctor Zhivago” de Boris Pasternak, “Os contos petersburgueses” de Gógol, “Oliver Twist” de Dickens .... e tantos outros, a Kafka, a Balzac, a García Márquez, a Fante, a Saki, a Cervantes, ... e iso a pesares de que “non hai nunca tempo para ler, porque o tempo de ler é sempre tempo roubado”.

E así, exercendo o meu “dereito a calarme” deixo que o mesmo Pennac fale: “porque os libros non foron escritos para ser comentados, senon para que, se o corazón así o di, sexan lidos”.

EL LECTOR

Título: El Lector
Autor: Bernhard Schlink
No clube de lectura tocounos ler o libro "El lector" de Bernhard Schlink.
Un libro de lectura bastante fácil que fala das relacións humanas entre dúas persoas de diferentes edades e da súa evolución. Un mozo de 15 anos que por casualidade establece unha relación moi íntima cunha señora que lle pode duplicar a idade. A relación complicase debido a a guerra. Ela que é unha analfabeta decide ir traballar os campos de concentración femininos. Despois de acabar a guerra é xuzgada e condenada a cadea perpetua por todas as fechorias que ocorren nos campos, e por unhos informes escritos sobre un traslado de prisioneiros. Neste traslado os prisioneiros estiveron albergados nunha igrexa e nese momento caeu unha bomba e morreron case todos, polo que foi acusada de asesinato.
No cárcere aprende a ler de forma autodidacta. Despois de 20 anos concedenlle o indulto, pero tenlle medo o exterior e antes de sair para fora esgánase.

EL NIÑO 44

Título: El niño 44
Autor:Ton R. Smith

Rusia. Mediados do século XX. Os aparatos de seguridade do estado e a policía secreta aplican métodos de detención e xuízo dos acusados que ignoran por completo as mínimas garantías de dereitos de calquera persoa. Un sistema xudicial e xurídico que defende a existencia do terror como necesario para defender a revolución e un abstracto “ben supremo”.

Baixo un elástico conxunto de palabras que poden moldearse ao chou para abarcar a calquera constrúense acusacións. Dende a tortura brutal ou refinada, depende do que interese, consíguense confesións de todo tipo, emulando aos inquisidores españois... (e parece que despois aínda será copiada na prisión que esperemos que peche pronto o presi americano...)

Na Rusia de Stalin “non pode haber crime organizado”. Os asasinatos e roubos só podían porvenir de mentes enfermas ou de “traidores ao sistema”.

No medio de todo isto, ás veces, xurde alguén que busca a verdade e a xustiza e trata de resolver un misterio terrible que todos tratan de silenciar porque non convén ao sistema.

Ten un final un pouco forzado, pero non deixa de ter ritmo e nos leva á unha certa reflexión acerca da vida e da digninade. Paréceme recomendable.

"O neno 44" de Ton Rob Smith está en Biblioarzúa.

No blog de Ciberanika podedes ver outra entrada sobre este libro.