EL NIÑO 44

Título: El niño 44
Autor:Ton R. Smith

Rusia. Mediados do século XX. Os aparatos de seguridade do estado e a policía secreta aplican métodos de detención e xuízo dos acusados que ignoran por completo as mínimas garantías de dereitos de calquera persoa. Un sistema xudicial e xurídico que defende a existencia do terror como necesario para defender a revolución e un abstracto “ben supremo”.

Baixo un elástico conxunto de palabras que poden moldearse ao chou para abarcar a calquera constrúense acusacións. Dende a tortura brutal ou refinada, depende do que interese, consíguense confesións de todo tipo, emulando aos inquisidores españois... (e parece que despois aínda será copiada na prisión que esperemos que peche pronto o presi americano...)

Na Rusia de Stalin “non pode haber crime organizado”. Os asasinatos e roubos só podían porvenir de mentes enfermas ou de “traidores ao sistema”.

No medio de todo isto, ás veces, xurde alguén que busca a verdade e a xustiza e trata de resolver un misterio terrible que todos tratan de silenciar porque non convén ao sistema.

Ten un final un pouco forzado, pero non deixa de ter ritmo e nos leva á unha certa reflexión acerca da vida e da digninade. Paréceme recomendable.

"O neno 44" de Ton Rob Smith está en Biblioarzúa.

No blog de Ciberanika podedes ver outra entrada sobre este libro.

0 comentarios: