O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN. UN FARO NA ESCURIDADE.

Xa temos na nosa biblioteca a segunda parte de O Mundo secreto de Basilius Hoffman. Titúlase Un faro na escuridade. Haberá que esperar a que quede libre porque xa está emprestado, mesmo sen estar catalogado. A este ritmo catalogaremos o libro cando xa non lle quede nin portada. Regresan as aventuras do profesor Basilius Hoffman: historiador e arqueólogo de mundos ocultos, cabaleiro a tempo parcial e truán a xornada completa. Nesta ocasión a súa procura do lendario Diario do Cartógrafo levarao a descubrir novos e misteriosos lugares, abraiantes inventos alquímicos, inquietantes criaturas, e tamén a desenterrar escuros segredos que nunca deberían ver a luz. A Cidade dos Tellados é o escenario desta nova aventura. "Existe un lugar perdido no profundo da noite, unha cidade secreta sen casas nin edificios, só tellados, azoteas, faiados e chemineas, bufardas, campanarios, torreóns… A Cidade dos Tellados non ten rúas, só pontes e pasarelas, tubaxes e escaleiras que sortean o nebuloso mundo que existe baixo a súa superficie. Un segredo, tan antigo como o propio mundo, ocúltase tras este labirinto insondábel, pero para descubrilo, o profesor Basilius Hoffman e o seu sobriño Peter deberán enfrontarse á máis profunda escuridade, aquela que habita no noso interior."

0 comentarios: